Publicador de contidos
Publicador de contidos

Talento e oportunidades laborais na Feira de Emprego Young Talent celebrada en Oleiros

Talento e oportunidades laborais na Feira de Emprego Young Talent celebrada en Oleiros

Para as máis de 200 persoas inscritas, esta feira de emprego pode ser a porta de entrada ao mercado laboral

G24.gal 21/03/2024 21:48 Última actualización 21/03/2024 22:11

Asistimos a unha dinámica de grupo en que as persoas candidatas teñen que enfrontarse a unha situación ficticia. Á escoita teñen o persoal das empresas. "Os grupos están a debater que materiais son necesarios para a supervivencia nunha nave fornecedora, e as empresas o que valoran e avalían son as competencias en liderado, habilidades comunicativas ou o traballo en equipo", explica Goretti Diéguez, directora de Recursos Humanos da Escola de Finanzas Business School.

Para as máis de 200 persoas inscritas, esta feira de emprego pode ser a porta de entrada ao mercado laboral. E non só estudantes, tamén acoden aquí profesionais. "Temos tanto perfís júnior como sénior que buscan dar un cambio profesional", apunta Inés Salcines, directora da Escola de Finanzas Business School.

Participan máis de 50 empresas de sectores que van desde a administración á mercadotecnia pasando polas telecomunicacións ou a loxística, entre outros. "Estamos buscando perfís para facer campañas en redes sociais e márketing", detalla Lucía Gonález, directora de márketing da empresa Placein. Para Álvaro Boquete, auditor sénior de PwC: "Estes eventos son moi bos porque ao final permítennos estar en contacto co día a día e poder captar novo talento".  Xeran así oportunidades e futuras relacións laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade