Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen confirma a presenza nos seus cuartos xogos olímpicos

Támara Echegoyen confirma a presenza nos seus cuartos xogos olímpicos

A regatista galega foi a elixida para a clase 49er FX xunto a Paula Barceló

Nico Rodríguez quedou descartado pola Federación no 470 mixto

G24.gal 10/10/2023 22:36

Támara Echegoyen xa ten asegurada a súa praza para os Xogos Olímpicos de París 2024. A regatista galega competirá na clase 49er xunto a balear Paula Barceló. Támara participará así por cuarta vez nunhas olimpíadas, tras Londres (onde gañou a medalla de ouro), O Río e Tokyo. Nas dúas últimas participacións quedou ás portas de sacar metal.

Ata o momento, ela é a única galega seleccionada pola Real Federación Española de Vela para a cita de París. Confirmouse que Nico Rodríguez queda fóra no 470 mixto porque, malia o que nun principio dixera a Federación, designou a parella formada por Xammar e Brugmann. Tamén quedaron definidos os equipos do 49er masculino (Botín e Trittel), Nacra 17 (Tara Pacheco e Andrés Barrio), Nacho Baltasar en iQFOiL Masculino e Gisela Pulido en Formula Kite Feminino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos