Támara Echegoyen e Paula Barceló aspiran a todo no Princesa Sofía
Támara Echegoyen e Paula Barceló aspiran a todo no Princesa Sofía
Támara: "É unha oportunidade polo número de regatistas e polas condicións de Palma"
O 52º Trofeo Princesa Sofía arrinca este luns e finalizará o vindeiro sábado día 9 de abril en augas da baía de Palma cun total de 597 embarcacións e case un milleiro de regatistas nunha edición de récord. Trátase da primeira proba puntuable para a Sailing World Cup 2023.
Hoxe é o día da estrea para as clases olímpicas no 52 Trofeo Princesa Sofía. Concretamente, empezarán a competir os 470 Mixed, ILCA 7, ILCA 6 e iQFOiL Men e Women. Un total de 669 regatistas a bordo de 597 embarcacións lanzaranse á auga da baía de Palma para disputar as probas inaugurais da gran regata mallorquina, que congrega na illa os mellores regatistas do mundo ata o vindeiro sábado.
España aspira a estar entre os postos de honra tras as finais do sábado polo menos en catro clases. Jordi Xammar e Nora Brugman en 470 Mixed, Diego Botín e Florian Trittel en 49er, Támara Echegoyen e Paula Barceló en 49er FX e Pilar Lamadrid en iQFOiL Women son as principais bazas nacionais.
Falamos coa regatista de Ourense que ten como obxectivo París 2024
"Pasei unha gripe, pero estarei ao 100%"
"É unha oportunidade polo número de regatistas e polas condicións de Palma"