Publicador de contidos
Publicador de contidos

Támara Echegoyen gaña o bronce no Mundial de 49er FX

Támara Echegoyen gaña o bronce no Mundial de 49er FX

Terceira medalla para a galega despois dos ouros acadados en 2016 e 2020

A viguesa Patricia Suárez conseguiu o sexto posto

G24.gal 05/09/2022 20:15

A regatista galega Támara Echegoyen, coa súa compañeira Paula Barceló, apañou a medalla de bronce no Mundial da clase 49er FX. É a terceira medalla para Echegoyen despois dos ouros logrados no 2016 e no 2020. 

Despois do cuarto posto nos últimos Xogos Olímpicos tiña pensado deixar a vela olímpica pero acabou por iniciar un novo ciclo olímpico cara a París 2024 que non puido principiar de mellor xeito. O ouro foi para a parella dos Países Baixos Van Aanholt-Duetz (Van Aanholt xa fora medalla de ouro en 2021) e a prata marchou cara a Suecia. 

Tamén meritoria foi a actuación da viguesa Patricia Suárez. A carón de María Cantero logrou un gran sexto posto, a só dez puntos da cuarta praza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos