Tanto camións coma turismos terán que atravesar desde agora o núcleo de Pedrafita para ir á Meseta

É unha modificación que fai o Ministerio de Transportes para avanzar nas obras do viaduto do Castro

Supón eliminar un desvío que tiña un doce por cento de pendente, pouco práctico para os camións

G24.gal 26/11/2023 20:50 Última actualización 26/11/2023 21:14

Desde esta fin de semana, tanto os camións coma os vehículos lixeiros teñen que atravesar Pedrafita do Cebreiro para dirixirse á Meseta. A circulación reséntese porque supón facelo a través dun núcleo urbano. 

Este cambio implica a eliminación do desvío alternativo que habilitara o Ministerio de Transportes, que tiña unha pendente do doce por cento e que non resultaba práctico para os camións.

A saída de Pedrafita cara á Meseta segue facéndose pola estrada N-6, ata o quilómetro 428, onde se retoma a autovía. Durante seis quilómetros o tráfico será compartido por ambos os sentidos de circulación. 

É unha medida provisional, ata que o Ministerio de Transportes remate a última fase das obras, que supón a apertura do viaduto do Castro en sentido Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade