Telefónica e os sindicatos asinan un ERE para 3.421 empregados
Telefónica e os sindicatos asinan un ERE para 3.421 empregados
Tamén rubricaron un novo convenio que reduce a xornada laboral a 36 horas
Telefónica e os sindicatos asinaron este mércores un ERE que prevé ata 3.421 baixas na compañía. Agárdase que boa parte delas sexan voluntarias.
Tamén consensuaron un novo convenio colectivo que reducirá a xornada laboral a 36 horas.
As tres principais forzas sindicais representadas -UXT, CCOO e Sumamos Fetico- apoiaron os termos do acordo ao que se chegou a finais de decembro, tras varias semanas de negociacións nas que a compañía aceptou reducir en máis de 1.700 os afectados polo expediente de regulación de emprego.
Desde o vindeiro luns, ata o 9 de febreiro, os empregados poderán adherirse ao ERE de maneira voluntaria. Tras ese período, a compañía terá a opción de completar a cota con baixas forzosas.