Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tempo da meda en Castro de Rei

Tempo da meda en Castro de Rei

Os domingos de agosto Castro de Rei celebra todo o proceso de obtención do gran
 

G24.gal 11/08/2024 14:01

Este domingo fíxose en Castro de Rei unha meda tradicional, un proceso polo que antigamente se colocaban os mollos de trigo ou pan para protexer o froito e evitar que se mollase.

Son imaxes do domingo pasado, cando so veciños de Castro de Rei fixeron unha sega tradicional. Este domingo, unha semana máis tarde, tocou colocar os mollos de trigo nun medeiro.
No labor participan varios veciños e unha veciña de 19 anos, Laura.

Na meda é imprescindible o labor deste home, un veciño de 77 anos que vai colocando os mollos.

Ver como se facía este traballo é algo único, escaso, xa que mecanización trouxo o esquecemento de todos estes labores, só conservados polo amor á terra e a tenacidade duns poucos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar