Os refachos de vento superan os 130 km/h en zonas da Coruña e da Mariña
Os refachos de vento superan os 130 km/h en zonas da Coruña e da Mariña
Chuvias fortes e alerta laranxa por refachos de máis de 100 km/h
Ata o martes agárdanse refachos fortes en toda a comunidade, chuvieiras intensas e unha situación marítima complicada
O forte vento causa a caída dunha árbore sobre dous turismos en Burela
A alerta laranxa activouse na Costa da Morte de madrugada e estendeuse nas Rías Baixas e no noroeste da Coruña ao amencer.
Agardábanse ventos fortes do sur de forza 8, de máis de 70 quilómetros por hora, tanto no mar coma en boa parte das provincias da Coruña e Pontevedra e en zonas altas de Lugo e Ourense.
As previsións superáronse. A estación de MeteoGalicia en Vimianzo rexistrou refachos de 115 quilómetros por hora e a de Punta Langosteira, en Arteixo, de 110.
Na Coruña o vento danou o iglú instalado na praza de María Pita, e provocou desprendementos nas cubertas de varios edificios e caída de cascallos. Parques e praias da cidade estiveron pechados todo o día, así como a Torre de Hércules.
O vento petou forte tamén na Mariña luguesa e en Burela derrubou unha árbore sobre dous coches aparcados na rúa.
Durante as próximas horas, continuarán as alertas por vento forte e temporal no mar. Ademais, activarase outra por chuvias fortes no litoral e no sur da provincia da Coruña e na de Ourense.