Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tensión e berros, de novo con reforzo policial, ás portas da Audiencia de Lugo

Tensión e berros, de novo con reforzo policial, ás portas da Audiencia de Lugo

As acusacións e a familia da vítima valoran positivamente as declaracións dos sanitarios

Agardan que a testemuña dos investigadores axuden a esclarecer os feitos

Félix Aragunde 09/02/2022 12:55

De novo con estritas medidas de seguridade ás portas da Audiencia Provincial de Lugo, celebrouse a terceira xornada do xuízo polo asasinato da pequena Desirée. Á súa chegada, os familiares da vítima non deixaron de berrarlle "asasina" a Ana Sandamil, acusada de matar a súa propia filla.

Respecto ás declaracións realizadas ata o momento na sala, a familia da vítima avaliou positivamente as correspondentes aos sanitarios que acudiron ao lugar do crime. 

José Manuel Leal, pai da vítima: "Viñeron profesionais do 061, que aí xa cambian as cousas. Un dos técnicos sanitarios manifestou que había indicios claros de que intentaran limpar o sangue no corpo da miña nena, que estaba como varrido por moitos sitios".

Cristina Leal, tía da vítima: "Vemos bastante luz polas declaracións dos médicos. A ver que vai pasando, pouquiño a pouco. Xa se vai facendo isto un pouco duro". 

Na mesma liña manifestáronse os avogados das acusacións, que subliñaron a importancia dos testemuños dos sanitarios para esclarecer o acontecido.

Manuel Ferreiro, avogado da acusación particular: "As primeiras declaracións relevantes foron cando os sanitarios explican o escenario do crime que viron, co sangue borrado. O médico e a enfermeira que asistiron a acusada relatan que estaba plenamente orientada". 

No mesmo sentido, os letrados das acusacións tamén puxeron o foco nas declaracións dos investigadores que testificaron este mércores.

Francisco José Lago, avogado da acusación popular: "Fundamentalmente, como viron a acusada. Se estaba orientada ou non e se reunía as condicións de capacidade. Se vían que estaba ben, tanto para declarar como para asumir unha responsabilidade do que fixo". 

Na vindeira xornada está previsto que comece a quenda das probas periciais, coas declaracións dunha ducia de peritos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade