Publicador de contidos
Publicador de contidos

A terceira edición do Urban Cores de Lugo volve achegar a arte urbana á cidadanía

A terceira edición do Urban Cores de Lugo volve achegar a arte urbana á cidadanía

Esta expresión artística contribúe á recuperación e humanización dos barrios
 

G24.gal 01/06/2024 13:34 Última actualización 01/06/2024 13:56

Celébrase esta semana en Lugo a terceira edición do Urban Cores, un evento que naceu no ano 2021 co propósito de achegar a arte urbana, o muralismo e o graffiti á cidadanía. 

Deste xeito, Lugo consolídase como a capital deste tipo de expresión artística. Dende a primeira edición do Urban Cores participaron un total de sete artistas, entre eles Eusebio Nsue Nsue, un guineano autor dun mural que representa unha xesta sobre o pasado romano da cidade.

Outros artistas que tamén deixaron a súa pegada no certame son Nomeí Núñez, Pía Piadosa ou Dados Punto Cero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar