Teresa Portela colle un descanso antes de preparar os seus sétimos xogos
Teresa Portela colle un descanso antes de preparar os seus sétimos xogos
Teresa é a muller española con máis participacións nus Xogos, a quinta no ámbito internacional
Moitos deportistas soñan con participar algún día nuns xogos, os soños de Teresa Portela abarcan o infinito
"Os sétimos xogos son máis do que xamais soñei".
Máis de 20 anos na elite do piragüismo. Un mito do olimpismo. Teresa é a muller española con máis participacións nuns xogos, a quinta no plano internacional.
Tras conseguir a ansiada medalla en Tokyo, Teresa tivo que reinventarse. A súa proba desapareceu da cita olímpica e tocoulle volver comezar de cero, nunha nova distancia e nun barco de equipo. A medalla neste mundial ratificou o bo rumbo cara a París.
Alí competirá xunto con outra galega, Carolina García, quen apenas tiña uns meses cando Teresa cumpriu o seu primeiro soño oímpico, en Sidney 2000.