'Terra' é un éxito tamén en lingua de signos
'Terra' é un éxito tamén en lingua de signos
A versión en LSE da canción das Tanxugueiras fixérona os alumnos do Colexio Quiroga Palacios de Santiago
Publicaron o vídeo coincidindo coa final do Benidorm Fest para apoiar ás pandeireteiras
Ao cabo dunha semana xa tiñan máis de 27.000 visitas
Para os alumnos de 5ºA do Colexio Quiroga Palacios de Santiago comunicarse signando é habitual no seu día dia e facer actividades nesta lingua tamén. Gústalles especialmente versionar cancións, e atrevéronse con grande éxito deste momento.
"Cando soubemos que as Tanxu ían ir ao Benidorm Fest dixemos hai que facer un apoio desde o centro e aos nenos encantoulles a idea, e para adiante", di Andrea Pérez, a titora.
"Nós utilizamos na aula a lingua de signos todos os días entón é moi doado; a canción aprendérona en día e medio", explica Tareixa Martínez, a interprete de língua de signos.
Coidaron especialmente que a sua versión mantivera visualmente o ritmo da canción "igual que se ve cando se canta", recalca a intérprete. A hora de interpretar tiveron certas complicacións co ai-la-ra-la-la-la, porque a moitos custáballes signar con claridade o ele e o 'a' a un ritmo tan rápido.
Publicaron a súa versión de 'Terra' coincidindo coa final do Benidorm Fest e desde entón sorpréndense día a día coa repercusión que está tendo. Ao cabo da primeira semana o vídeo xa superaba as 27.000 visitas.