Publicador de contidos
Publicador de contidos

'The Wall Street Journal' proxecta en San Xoán de Río o futuro de Europa

'The Wall Street Journal' proxecta en San Xoán de Río o futuro de Europa

Un equipo de reporteiros visitou Río por ser o territorio coa poboación máis avellentada do continente

Conclúen que a pandemia é unha oportunidade para repoboar o rural

G24.gal 12/01/2022 14:14

Unha ampla reportaxe de The Wall Street Journal pon o foco nos concellos ourensáns de San Xoán de Río e Vilariño de Conso como exemplos de localidades en perigo de extinción polo avellentamento da poboación, para os que a pandemia pode resultar unha oportunidade. 

A idade media dos veciños de Río, 63 anos, é o primeiro que chamou a atención do prestixioso xornal estadounidense: o territorio máis avellentado do continente máis vello. Tamén dos máis lonxevos.

 "A Okinawa, no Xapón, agora xa o superamos nós, e eles venden a lonxevidade da súa terra", reflexiona Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de Río.

Os centenarios aquí non son noticia. Hai 40 veciños que pasan dos noventa. O avellentamento é consecuencia da perda de poboación no rural. De 3.000 habitantes que había en Río nos anos 80, a 500 na actualidade.

"Como moitos, marchei no 90 e pico, para ir á universidade, e desde esa época vivín fóra de aquí", explica Gabino Rodríguez, un veciño de Río que acaba de retornar para traballar no Concello. Tamén hai quen regresa ao xubilarse, como Carme e Manuel, que volveron coa pandemia, tras corenta anos en Valencia.

"Nas capitais sempre hai máis aglomeración de xente, aínda que non saian, e na aldea paréceme máis san", sinala Carme.

É outro dos datos que destaca o xornal americano: por primeira vez desde 1950 Río deixou de perder poboación coa pandemia, unha oportunidade para a revitalización do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade