Tito Díaz non desbota a posibilidade de xogar na Champions League
Tito Díaz non desbota a posibilidade de xogar na Champions League
Entende que Happ e Hollatz poidan ter ofertas máis atractivas
Están fichados o aleiro lituano Matas Jogela e o pivote serbio Matej Rudan
O Breogán empeza a planificar a temporada. O director xeral Tito Díaz cre que vai ser complicado reter a Happ e a Hollatz:
"Non se trabucaron en vir a Lugo. Pero a situación cambiou. Promocionáronse e entendemos que poidan ter ofertas máis atractivas, acabaron moi ben... imos ver".
Están pechadas as renovacións de Nakic e Momirov. Están fichados o aleiro lituano Matas Jogela e o pivote serbio Matej Rudan.
Tito Diaz non desbota a posibilidade de xogar en Europa na Basketball Champions League:
"Non o vemos imposible. É unha liga que achega cartos, paga por participar. Son dous partidos cada mes, máis ou menos. É accesible, non imposible".
Mrsic e Tito Díaz deseñan o Breogán da temporada 2023-24, un proxecto que ratificará nos vindeiros días o Consello de Administración do club.