Tito Díaz: "Non estou preocupado porque marche Musa, está feliz en Lugo"
Tito Díaz: "Non estou preocupado porque marche Musa, está feliz en Lugo"
O seu representante tamén confirma que cumprirá o seu contrato
O director xeral do Breogán pasou pola Zona mixta da Radio Galega para falar do xogador da tempada na liga ACB, o bosníaco Dzanan Musa, e tranquilizou os afeccionados ante o temor de que poida marchar do club.
Obxectivos dos grandes clubs europeos
No Breogán teñen claro que o rendemento de Musa converteuno en obxectivo para grandes equipos de Europa, pero Díaz asegura que están tranquilos e convencidos de que completará o curso en Lugo.
“Musa non ten ningunha présa en saír, pero o club ten o seguro de que se sae sería beneficioso para o Breogán e para el”
"A cláusula máis importante é que Musa está feliz en Lugo"
Díaz afirma que, polo momento, o Breogán non recibiu ningunha oferta por Musa, pero tamén revela que, se polas cláusulas do seu contrato, acabase marchando, o Breogán recibiría unha boa compensación económica.
“O lóxico –conclúe Díaz– é que remate a tempada en Lugo e logo terá as portas abertas dos mellores equipos de Europa, sen dúbida”
Tamén afirmou Tito Díaz que nunca recibiron oferta polo adestrador, Paco Olmos.