Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tito Díaz: "Temos un equipo preparado para as dúas competicións"

Tito Díaz: "Temos un equipo preparado para as dúas competicións"

O Breogán comezou os adestramentos da pretemporada con 11 dos 13 xogadores do equipo

G24.gal 14/08/2023 16:53 Última actualización 14/08/2023 18:20

O Breogán comezou na tarde do luns os adestramentos da pretemporada. Mrsic conta con 11 dos 13 xogadores que conforman o equipo. Faltan Juan Fernández, que está coa Arxentina, e Mouhamet Diouf, que xoga con Italia.

O club deu un paso adiante para rexuvenecer o equipo. A media de idade deste Río Breogán sitúase entre os 22 e os 27 anos. Tan só escapan destes parámetros Erik Quintela e Albert Ventura, que suman 31 anos. Coa incorporación do catalán, o Breogán pechou o seu equipo.

Tito Díaz, director xeral do club, confía na calidade dos xogadores para competir na ACB e en Europa.

"É un equipo preparado para as dúas competicións. Hai trece xogadores de garantías".

"Estamos moi responsabilizados e tamén moi ilusionados".

O directivo lucense recoñeceu que o feito de que o Río Breogán compita a próxima tempada en Europa foi clave á hora de acometer e pechar as diferentes operacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade