Todo listo na Cidade da Cultura para acoller o macroxuízo do Alvia
En total habilitaranse máis de mil metros cadrados para a localización de fiscais, xuíces e público
O mércores comeza o xuízo do Alvia, unha macrocausa para a que houbo que habilitar unhas instalacións especiais na Cidade da Cultura ás que tivo acceso en exclusiva a TVG.
En total habilitaranse máis de mil metros cadrados para a localización de fiscais, xuíces e público. A Xunta investiu máis de un millóns de euros en adaptar esta sala aos requirimentos do xulgado do penal nº1 de Santiago de Compostela.
O Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asegurou que a esta macrocausa asistirán máis de cen avogados, 165 vítimas e unha gran cantidade de público e medios, polo que se debían cubrir unha serie de necesidades. Tres días antes de que comece o xuízo, Diego Calvo dixo que é a mellor sala de vista que se podía crear.