Os cambios nos desvíos levan todo o tráfico da A-6 a pasar por Pedrafita

O Ministerio de Transportes modificou a circulación pola zona coincidindo coa última fase das obras de reconstrución dun dos viadutos do Castro

O tráfico intenso polo centro de Pedrafita preocúpalles a moitos veciños pola súa perigosidade
G24.gal 24/11/2023 14:07

Xa non son só camións. Desde agora, todos os vehículos que circulen pola A-6 no límite entre Galicia e Castela León deberán atravesar Pedrafita.

Todo se debe a unha nova modificación dos desvíos por parte do Ministerio de Transportes, coincidindo coa última fase das obras para ter reconstruído antes de fin de ano o viaduto sentido Madrid que colapsara no Castro. 

Para iso pechou o cuestionado desvío cunha pendente do 12 por cento, polo que xa non pasaban os camións. Os transportistas cren que o novo cambio non vai mellorar a situación. Algúns veciños din que supón un perigo.

Desde agora ademais o tráfico pasa a ser bidireccional entre os quilómetros 422 e 428, e queda restrinxido o paso de transportes especiais nesa mesma zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade