Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todo preparado para a Festa da Coca en Redondela

Todo preparado para a Festa da Coca en Redondela

A fin de semana elabóranse as alfombras na zona de Vilavella

A Coca volverá desfilar antes da danza das espadas e as penlas 

G24.gal 17/06/2022 21:14 Última actualización 17/06/2022 21:27

Conta a lenda, que a Coca era un dragón que roubaba as mozas máis fermosas de Redondela.

Os mariñeiros da vila, fartos, alzáronse contra el e déronlle morte.

Celebraron a súa vitoria bailando ao seu redor e de aí nace a festa da Coca coa súa famosa danza das espadas e as penlas.

Cada ano, polo Corpus Redondela acolle a que xa é unha festa da interese turístico galego.

Esta fin de semana toca de novo elaborar as alfombras florais polas que pasará a procesión.

Ás doce da mañá do domingo será o desfile da Coca e a misa seguida da procesión e da danza das espadas e as penlas na zona de Vilavella, onde todos miran cara ceo preocupados pola chuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar