Todo preparado para que o rei Xoán Carlos volva navegar en Sanxenxo
Todo preparado para que o rei Xoán Carlos volva navegar en Sanxenxo
O rei Filipe VI estará o xoves no Foro da Toxa, a apenas 15 quilómetros de Sanxenxo, pero non esta previsto que pai e fillo se vaian ver
Este martes ultimáronse os preparativos do Bribón, o barco no que o rei Xoán Carlos competirá na regata que leva o seu nome. Non había tanta expectación no porto de Sanxenxo coma noutras visitas, pero si algúns curiosos.
Ata a casa de Pedro Campos achegouse o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, que evitou facer declaracións á súa saída. Tampouco o fixo Pedro Campos. O ex-xefe do Estado non saíu da vivenda na mañá deste martes, nunha visita de carácter privado e sen axenda oficial.
É posible que a infanta Helena se traslade ata Sanxenxo para visitar o seu pai nesta semana. O xoves o rei Filipe VI estará a apenas 15 quilómentros, no Foro da Toxa, se ben non hai previsto un encontro oficial.