Tolemia goleadora no Palau (8-7) nun partido marcado polo falecemento de Vicente Torres
Tolemia goleadora no Palau (8-7) nun partido marcado polo falecemento de Vicente Torres
Tolemia goleadora no Palau no duelo de xigantes da OK Liga. Houbo máis de 40 faltas, moitas accións a bola parada, e dous equipos dunha gran calidade. Todo marcado polo falecemento de Vicente Torres, pai de Dava Torres e presidente da Federación Galega de Patinaxe, que estaba en Barcelona para ver o partido.
FINAL no Palau Blaugrana con derrota dun heroico #DeportivoLiceo (8-7).
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) October 24, 2021
Quixemos adicar unha vitoria a VICENTE TORRES, figura excepcional do hockey galego e nacional. Non foi posible, pero si honramos á súa memoria cun gran partido do deporte que amaba.
Descanse en paz. pic.twitter.com/Yplue5driT
Ao descanso o resultado era de 2-2 pero no segundo tempo foi cando se desataron as hostilidades. Chegou a ter o Liceo un 3-5, seguido dun parcial de 4-0 a prol do Barcelona (7-5). Volveron a meterse no partido os liceístas (7-7) con tanto de Carballeira adicado a Dava a un minuto para o final. Pero o Barcelona acabou marcando o gol do triunfo nese último minuto