Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballo aprobará a redución da xornada laboral con ou sen o apoio da patronal

Traballo aprobará a redución da xornada laboral con ou sen o apoio da patronal

O xoves arrancan as negociacións cos axentes sociais

A patronal amosouse crítica con esta formulación

Yolanda Díaz, comparece na Comisión de Traballo, Economía Social, Inclusión, Seguridade e Migracións do Congreso dos Deputados ( EFE) Yolanda Díaz, comparece na Comisión de Traballo, Economía Social, Inclusión, Seguridade e Migracións do Congreso dos Deputados ( EFE)
G24.gal 22/01/2024 14:26

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, compareceu este luns na Comisión de Traballo, Economía Social, Inclusión, Seguridade e Migracións do Congreso dos Deputados para explicar as súas prioridades para esta lexislatura.

Yolanda Díaz comprometeuse a levar a redución da xornada laboral ata as 37,5 horas ao seo do diálogo social, con sindicatos e patronal.  A patronal xa se pronunciou en contra desta medida. A ministra de Traballo asegurou que a levará a cabo aínda que a parte empresarial non estea de acordo.

Yolanda Díaz asegurou que a redución da xornada sen perda salarial, que beneficiaría 12 millóns de asalariados no sector privado, será o principal reto do seu Ministerio, de maneira que centrará boa parte dos esforzos da carteira no marco do diálogo social. Na súa opinión, ademais de mellorar o tempo da vida da xente, trátase dunha iniciativa con beneficios ambientais e que melloraría a produtividade do país.

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social anunciou  que se acometerá unha reforma do despedimento para que se adecúe á Carta Social Europea e conseguir que sexa "disuasorio". O xoves arrancan as negociacións cos axentes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade