Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballo multou con 1,2 millóns empresas que non protexeron os seus empregados da calor

Traballo multou con 1,2 millóns empresas que non protexeron os seus empregados da calor

O verán pasado detectáronse 240 infraccións 

G24.gal 21/06/2024 14:45

A Inspección de Traballo encárgase de vixiar nun plan especial a protección das empresas ao seu persoal ante as altas temperaturas. O verán pasado detectou 240 infraccións que derivaron en multas por valor de 1,2 millóns de euros.

É o balance que fixo Yolanda Díaz durante a presentación do novo Plan Especial Estival, que este ano tamén inclúe os centros especiais de emprego e as empresas multiservizos. Traballo enviará 112.00 cartas para difundir as medidas, destinadas a mellorar a protección dos empregados ante temperaturas extremas.

"O que estamos facendo dende o ano 2021 é cambiar as normas de prevención laboral para evitar que os traballadores enfermen ou mesmo poidan falecer, como desgraciadamente ocorre nalgúns supostos, polas vagas de calor", explicou Díaz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade