Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballo pecha un acordo con patronal e sindicatos contra a discriminación LGTBI

Traballo pecha un acordo con patronal e sindicatos contra a discriminación LGTBI

As empresas de máis de 50 traballadores deberán contar con protocolos contra o acoso e plans de formación para a igualdade 

G24.gal 03/06/2024 13:02

O Ministerio de Traballo pechou un acordo con patronal e sindicatos sobre os plans de igualdade LGTBI que implicarán, entre outras medidas, a creación de protocolos contra o acoso ou a formación nas empresas para a igualdade e non discriminación.

Segundo adiantou na Sexta a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, o acordo selado na mesa de diálogo social supón que España sexa o primeiro país cunha norma neste sentido.

Segundo detallou o Ministerio de Traballo, cando entre en vigor este desenvolvemento regulamentario as empresas de máis de 50 traballadores estarán obrigadas a ter medidas para garantir a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.

Nas empresas con convenios en vigor, engaden, deberase abrir negociación para incluír estas medidas.

Tamén será obrigatoria a creación dun protocolo contra o acoso e a violencia onde se identifiquen prácticas preventivas e mecanismos de detección e de actuación fronte ao mesmo.

Xunto a isto, incluirase formación para a igualdade e non discriminación.

A Inspección de Traballo vixiará o cumprimento destas medidas contemplando sancións para as empresas que non cumpran coa norma, sinala Traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade