Traballo prohibe o despedimento das persoas que non vaian traballar por mor da DINA
Traballo prohibe o despedimento das persoas que non vaian traballar por mor da DINA
O ministerio afirma que esas ausencias deben considerarse xustificadas, polo que o despedimento neses casos sería nulo
O Ministerio de Traballo avanzou este luns que se prohibirá o despedimento das persoas que non acudisen traballar como consecuencia dos efectos da DINA.
Nunha información difundida en Telegram, o ministerio explicou que esas ausencias deben considerarse xustificadas, polo que no caso de despedimento neses casos sería nulo.
"Prohibirase o despedimento das persoas que non acudisen traballar por algunha das situacións indicadas", subliñan. E matizan que "calquera consecuencia desfavorable polo exercicio dos dereitos de ausencia será nula".
Na súa conta de X, a ministra, Yolanda Díaz, insistía en que "se as personas corren riesco, non deben ir traballar".
‼️Hay empresas de Valencia que están obligando a las personas a ir a trabajar en situaciones imposibles.
— Yolanda Díaz (@Yolanda_Diaz_) November 4, 2024
Quiero mandar un mensaje claro: si las personas corren riesgo, no deben ir a trabajar. El Ministerio protegerá a esas personas y la Inspección actuará con firmeza.
Estos son…
Dende o ministerio que dirixe Yolanda Díaz reiteran que o traballo a distancia será a forma de organización preferente e se non é posible, exímese de acudir traballar.