Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traballos na rede de abastecemento na Coruña poderían enturbar a auga

Traballos na rede de abastecemento na Coruña poderían enturbar a auga

Son traballos de gran complexidade técnica para instalar novos elementos de regulación e control

É necesario realizar un corte na condución que discorre pola avenida de Alfonso Molina.

G24.gal 02/11/2021 10:08

Os  traballos de mellora na rede xeral de abastecemento de auga da Coruña poderían ocasionar problemas puntuais á cidadanía. 

Segundo a empresa municipal de augas, son traballos de gran complexidade técnica para instalar novos elementos de regulación e control nunha das principais infraestruturas de abastecemento de auga da cidade.

Por iso é necesario realizar un corte na condución que discorre pola avenida de Alfonso Molina. Porén, e para evitar maiores trastornos á cidadanía, Emalcsa vai facer un cambio na configuración do sistema de abastecemento, para que non haxa en ningún momento cortes na subministración.

O que si pode haber é alteracións puntuais na turbidez da auga. Emalsa xa avisa de que non van supoñer risco ningún para a poboación. Está previsto que estes traballos comecen este mércores, e poderían prolongarse durante toda a xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade