Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico prevé 1,6 millóns de desprazamentos nas estradas galegas durante o Nadal

Tráfico prevé 1,6 millóns de desprazamentos nas estradas galegas durante o Nadal

Nesta fin de semana prevense arredor de 400.000 movementos nas estradas

Haberá 57 efectivos vixiando o tráfico durante estas datas en Galicia

Imaxe en directo da Avenida de Alfonso Molina, na Coruña Imaxe en directo da Avenida de Alfonso Molina, na Coruña
G24.gal 23/12/2022 09:31 Última actualización 23/12/2022 17:23

A Dirección Xeral de Tráfico prevé máis de 1.600.000 desprazamentos en Galicia durante o dispositivo especial de Nadal, o que representa o 9 % do total previsto en España, máis de 18 millóns de movementos entre hoxe e o 8 de xaneiro.

Na primeira fase do dispositivo de Tráfico, entre hoxe e o domingo, haberá uns 400.000 desprazamentos polas estradas galegas, do total de 4,4 millóns previstos en toda España.

A segunda fase estará operativa entre o 30 de decembro e o 1 de xaneiro e a terceira, do xoves 5 de xaneiro ao domingo 8.

Galicia contará con 329 cámaras, 409 estacións de toma de datos, 112 sensores de variables atmosféricas, 523 paneis de mensaxe variable e 57 persoas pendentes do tráfico.

Ademais, en interseccións e puntos conflitivos de Galicia estableceranse regulacións e vixilancia. A DXT recomenda absterse de inxerir bebidas alcohólicas, ter precaución en traxectos curtos e nocturnos, e prestar atención ás condicións meteorolóxicas adversas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos