Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tráfico realizará 1.500 controis nas estradas galegas durante esta ponte

Tráfico realizará 1.500 controis nas estradas galegas durante esta ponte

Aseguran desde a DXT que eses controis serán curtos e dinámicos para evitar os avisos entre condutores

G24.gal 15/08/2024 10:43

Ao pouco de comezar a operación saída desta ponte de agosto, as vías galegas rexistraban un grave accidente mortal en Dumbría, que deixa dous falecidos. Son datas complicadas nas estradas que están previstos en Galicia máis dun millón de desprazamentos.

Serán máis intensos os controis de alcol e drogas, por ser estas datas nas que proliferan as festas en case que todas as vilas galegas.

Para garantir que todo transcorra con normalidade está despregado un amplo dispositivo humano e técnico, con 800 axentes, cámaras, radares, drons e un helicóptero. Hai programados para estes días 1.500 controis de estradas.

Din desde a DXT que serán controis curtos e dinámicos para minimizar os avisos a través das redes sociais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar