Publicador de contidos
Publicador de contidos

A motorización sostible, cada vez máis consolidada nos mercados

A motorización sostible, cada vez máis consolidada nos mercados

Se ben os prezos dos automóbiles eléctricos teñen un punto de partida máis elevado, estes vanse equiparando aos de combustión

G24.gal 20/04/2024 14:41 Última actualización 20/04/2024 15:20

Os vehículos eléctricos atópanse nun proceso de progresiva consolidación no mercado. Pese a isto, os datos en España distan dos de Europa, onde de media un 20 % dos automóbiles xa están electrificados.

Os vindeiros dez anos serán decisivos para consolidar novas tendencias de cara ao 2035, cando, a priori, as marcas non poderán vender automóbiles con motor de combustión.

Se ben na actualidade os vehículos eléctricos teñen un prezo de partida algo máis elevado, este vaise equiparando ao dos de combustión. En parte isto é posible grazas as axudas do plan Moves para os consumidores que optar por esta alternativa máis sostible.

Outra das tendencias no mercado do vehículo novo é a demanda de maior automatización. Segundo traballadores do sector automobilístico, os usuarios valoran cada vez máis os sistemas de asistencia do propio vehículo e os modelos con condución semiautónoma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade