Transportistas de Lugo piden unha área de estacionamento segura para camións
Transportistas de Lugo piden unha área de estacionamento segura para camións
Agardan que o Concello ceda parte duns terreos do polígono das Gándaras
Algúns camioneiros chegan a Lugo e, á falta de zonas de estacionamento, aparcan onde poden para poder botar unhas horas de descanso. O problema é que ás veces non o fan en sitios seguros. Por iso, colectivos de transportistas demandan a creación dun aparcadoiro pechado para garantir a seguridade e para que os camioneiros conten cos servizos que precisan.
Agardan que o Concello ceda parte duns terreos do polígono das Gándaras para poñer en marcha unha dotación que os camioneiros ven con moi bos ollos. Sería unha referencia para toda a provincia, cunhas 150 prazas para camións, e a través dun convenio podería incorporarse á rede autonómica que promove a Xunta para crear zonas seguras de estacionamento.