Trasfega de viaxeiros que regresan á casa ou marchan de vacacións nos aeroportos galegos
Trasfega de viaxeiros que regresan á casa ou marchan de vacacións nos aeroportos galegos
Este domingo están programados un total de 129 voos, entre saídas e chegadas
O primeiro luns de setembro moitas persoas regresan ao traballo tras estirar as vacacións esta fin de semana e esa volta faise evidente este domingo nos aeroportos.
"Imos aproveitar a ver se vén bo tempo en Lanzarote, piscina, praia e sobre todo tranquilidade", "estiven de vacacións en Ribeira e volvo agora ao Brasil, que é onde vivo", "agora á rutina, xa quero volver, teño ganas de volver xa", din algúns pasaxeiros.
Uns que regresan á casa e outros que marchan de vacacións... así continúa a trasfega de viaxeiros esta fin de semana nos aeroportos galegos. Algúns apuran os últimos días libres antes de que comece o cole.
"Como temos nenas pequenas imos ir a Disney, pensamos que setembro é un mes marabilloso para viaxar e comezamos moi contentos, falta unha semaniña para o cole", "apetéceme ver a Torre Eiffel e Disneyland París", comentan outros viaxeiros.
Este domingo están programados un total de 129 voos, entre saídas e chegadas, a maioría, 73, no aeroporto Rosalía de Castro, en Compostela; 31 voos no aeroporto de Vigo e 25 no da Coruña.
No aeroporto de Santiago, entre os destinos atopamos hoxe voos a Tenerife, Lanzarote, Bordeos, París, Londres ou Dublín...
Moitos dos que volven a Galicia, regresan dentro dunhas horas ao traballo e xa miran o calendario para a próxima escapada vacacional.
"Marcho outra vez a París a coller a rutina e á volta ao traballo, pero en outubro volvo", asegura outra viaxeira.