Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres atracos cun coitelo en poucos días no barrio coruñés de Novo Mesoiro

Tres atracos cun coitelo en poucos días no barrio coruñés de Novo Mesoiro

Cren que foi a mesma persoa a que cometeu os tres atracos, no estanco, na tenda e no salón de peiteado

Primeiro vai ao local, vixía quen hai e despois volve e atraca onde hai mulleres que atenden o negocio

Salón e peiteados onde tivo lugar un dos atracos
G24.gal 17/11/2021 13:41

Preocupación no barrio coruñés de Novo Mesoiro pola proliferación de delitos violentos. Poucos días despois de que un estanco fora atracado, este martes un home asaltou armado cun coitelo outros dous establecementos comerciais da zona. Preocupación sobre todo nos comercios.

Cren que foi a mesma persoa a que cometeu os tres atracos, no estanco, na tenda e no salón de peiteado, e emprega o mesmo modus operandi. Primeiro vai ao local, vixía quen hai e despois volve e atraca onde hai mulleres que atenden o negocio.

Entrou moi nervioso nun salón de peiteados onde xa estivera 40 minutos antes para pedir cita para a súa moza. Dentro estaban catro clientas e dúas traballadoras. Dixo que viña a atracar e pediu os cartos. Unha das dependentas deulle un par de billetes e marchou a carreira.

Menos dunha hora antes estivo noutra tenda na que atemorizou co coitelo a dona, que estaba soa. A policía investiga para dar co atracador. As primeiras pegadas apuntan a un mozo duns 20 anos, delgado, con ollos claros e que se despraza en patín eléctrico.

Hai uns días o obxectivo do atracador foi un estanco que está a uns escasos 500 metros da tenda. Na veciñanza están convencidos que é un mozo do barrio que comezou a súa carreira delituosa e que hai que poñerlle freo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar