Cargando resultados...
Tres detidos pola presunta detención ilegal dunha menor en Vilalba
Tres detidos pola presunta detención ilegal dunha menor en Vilalba
Supostamente meteron a vítima pola forza nun furgón, pero finalmente conseguiu fuxir
G24.gal
07/09/2023 13:47
A Garda Civil detivo dous homes e unha muller pola presunta detención ilegal dunha menor en Vilalba. Son tres veciños deste concello lugués, de 34, 35 e 60 anos. Supostamente, meteron a vítima pola forza nun furgón.
Despois ela, aproveitando un descoido, logrou abrir a porta traseira do vehículo e fuxiu, e avisou os seus familiares. Os supostos feitos tiveron lugar o pasado 3 de setembro, durante as festas patronais do San Ramón.
Os arrestados xa foron postos á disposición xudicial.