Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres distritos portugueses da fronteira activan a alerta amarela por frío

Tres distritos portugueses da fronteira activan a alerta amarela por frío

As mínimas rozaron os cero graos nas últimas horas e agárdase que vaian a menos

Alberto Mancebo 20/01/2022 14:19

Portugal rexistra niveis baixo cero por primeira vez no inverno. Despois dun decembro con temperaturas máximas récord, o frío chegou mesmo con alertas.

Hai seis distritos con aviso amarelo por temperaturas baixas. Tres deles limitan con Galicia: Vila Real, Bragança e Braga, onde a mínima desta noite pasada estivo cerca dos cero graos e mañá aínda descenderá máis. Será en Bragança onde se espere o descenso máis acusado de todo o país. 

Aínda así, o Instituto Meteorolóxico Portugués di que son temperaturas propias do mes de xaneiro e que aínda podían ser máis baixas. O pasado decembro foi o máis cálido en 40 anos en Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade