Tres equipos galegos loitarán por distintos obxectivos na elite do baloncesto
Tres equipos galegos loitarán por distintos obxectivos na elite do baloncesto
O Celta é quen máis tempo leva apartado da máxima categoría, tamén o único co título de liga
Tres equipos galegos na elite. Unha tripla do noso baloncesto feminino que entre limpa sen tocar o aro do pesimismo e bicando a rede da ilusión.
Man por man para axudarse nun obxectivo común dos tres nunha Liga Feminina Endesa que vai estar dura de roer.
O Ensino non tivo que pasar polo trago amargo dun descenso recente e, mal que ben, foi aviando nunha competición á que as ferrolás do Baxi volven despois dun ano no exilio da Liga Challenge.
O Celta é quen máis tempo leva apartado da máxima categoría, tamén o único co título de liga. Un paradoxo vital que, tras once anos de travesía do deserto, chanta os pés das viguesas na realidade.
O tempo dirá como lles sae a vindeira campaña aos tres equipos. Mentres, traballan por xunto e polo ben do baloncesto feminino galego.