Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres membros dunha familia de Mazaricos, intoxicados por monóxido de carbono

Tres membros dunha familia de Mazaricos, intoxicados por monóxido de carbono

Os bombeiros achácano á mala combustión da cociña ou da estufa 

Viñeron pasar as vacacións desde Suíza 

G24.gal 05/04/2022 15:47

Tres membros dunha mesma familia tiveron que ser trasladados ao Hospital Clínico de Santiago por unha intoxicación por monóxido esta mañá no lugar de Pazos, no concello de Mazaricos.

Ao máis grave, un mozo de 18 anos, evacuárono en helicóptero ao centro pero está xa fóra de perigo. Ao outro varón de 41 anos e unha muller de 67, tío e avoa do rapaz, trasladáronos en ambulancia.

Parece ser que a mala combustión dunha estufa ou a deterioración da tubaxe de gas poden ser as causas máis probables da fuga que barallan os bombeiros de Santa Comba que se achegaron ao lugar.

"Cando chegamos foran evacuados por uns familiares a unha vivenda próxima. Realizamos unhas medicións na vivenda, dando positivo en monóxido, sospeitamos que por unha mala combustión da cociña ou estufa, procedemos á ventilación e cortamos subministración", detalla Alberto Villanueva, cabo xefe do servizo de bombeiros.

 A casa levaba 5 anos sen estar habitada.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade