Morren intoxicados unha nai e os seus dous fillos menores en León
Morren intoxicados unha nai e os seus dous fillos menores en León
O pai mandou un veciño á casa porque non lle contestaban ao teléfono
A causa parece ser a mala combustión dunha calefacción de leña
Unha muller de 42 anos e os seus dous fillos de 4 e 9 anos faleceron na tarde do xoves intoxicados por monóxido de carbono no seu domicilio en Carbajal de la Legua, León, ao parecer, debido á mala combustión da calefacción de leña.
O pai, ausente toda a tarde, preocupouse porque non lle contestaban ao teléfono e enviou un veciño. Este viu luz na casa e pola ventá viu alguén tirado no chan. Escachou o cristal dunha ventá e ao entrar encontrou os tres cadáveres. Os veciños intentaron a reanimación ata que chegou a axuda médica, que só puido certificar a morte dos tres.
A investigación céntrase na calefacción de leña da vivenda como orixe dun escape de monóxido de carbono mortal.
A localidade de Carbajal de la Legua, pertence ao concello de Sariegos, na área metropolitana da capital leonesa.