Tres novos municipios evacuados polo incendio de Castelló
Tres novos municipios evacuados polo incendio de Castelló
O lume xa está ás portas do Parque Natural da Serra d´Espadé
O incendio declarado o pasado xoves segue arrasando a comarca do Alto Mijares, en Castelló. A situación, xa de por si complicada pola seca e as condicións do terreo, agravouse este luns polos fortes ventos.
Ás tres da tarde producíanse os momentos máis críticos, que puxeron a proba os medios despregados e obrigaron a evacuar os veciños de tres municipios e ao confinamento doutro.
Un total de 80 persoas súmanse ás 1.500 que xa foran evacuadas poucas horas despois de declararse o incendio.
A conselleira de Interior da Generalitat valenciana confirma que o lume segue moi activo por culpa da adversa meteoroloxía, que reactivou moitos focos case extinguidos.
Todos os recursos, un enorme dispositivo aéreo e terrestre, están despregados na zona máis próxima á serra d' Espadá para evitar que o lume chegue a ese parque natural.
Leva calcinadas case 4.000 hectáreas e o perímetro afectado é duns 40 quilómetros, pero de momento non hai vivendas danadas.