Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo de Tebas e a súa liga Impulso co voto de Celta e Lugo

Triunfo de Tebas e a súa liga Impulso co voto de Celta e Lugo

Aprobado o fondo CVC cos votos en contra do Real Madrid, do Barça, do Athlétic, do Ibiza e coa abstención do Oviedo

O Celta recibirá máis de 80 millóns de euros; o Lugo, case 10

G24.gal 11/12/2021 13:41

37 votos a favor dos 42 posibles. Triunfo de Tebas e a súa liga Impulso. O fondo CVC é visto con bos ollos por todos os clubes agás o Real Madrid, o Barça, o Athlétic e o Ibiza. Os grandes ameazan cos tribunais.

2000 millóns de euros a repartir. O 70 por cento para infraestructuras e mellora de marca. A cambio, os clubes ceden unha parte dos dereitos televisivos dos vindeiros 50 anos e unha comisión polas ganancias. O Celta, que recibirá máis de 80 millóns, sumouse con entusiasmo ao proxecto desde o principio.

Tamén o ten claro o Lugo, que percibirá case dez millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar