Publicador de contidos
Publicador de contidos

Triunfo do Celta diante do Barcelona, que lle permite afastarse do descenso

Triunfo do Celta diante do Barcelona, que lle permite afastarse do descenso

O Baxi Ferrol perdeu na pista do Jairis nun agónico final de encontro

G24.gal 14/01/2024 14:56

O Celta Zorka Recalvi superou o Barça, un rival directo na loita pola permanencia. Musa, 18 puntos e 19 de valoración e Samson, 15 tantos e 5 asistencias, lideraron o triunfo. Racharon o partido no segundo cuarto, cun parcial de 30-11. Con esta vitoria, as de Cristina Cantero superan o Barça na táboa e collen vantaxe sobre o descenso. O Ensino xoga este serán na cancha do Xirona.

 

O Baxi Ferrol estase afacendo aos finais agónicos. O partido deste mediodía ante o Jairis decidiuse nos derradeiros 8 segundos. Selland puxo o 74-72, Rachel Howard recuperou o saque de fondo e errou o segundo tiro libre. Ela mesma errou a tripla sobre a bucina coa que intentaban gañar o partido. As ferrolás quedan con 8 vitorias e 9 derrotas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos