Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trump relanza a súa campaña presentándose como vítima dunha conspiración

Trump relanza a súa campaña presentándose como vítima dunha conspiración

O candidato republicano axita a carreira para as presidenciais e bótalle a culpa da súa situación a Joe Biden 

O actual presidente sinala que é "irresponsable" dicir que o xuízo foi amañado

G24.gal 01/06/2024 15:09

Vitimismo e populismo. Esa é a estratexia que seguirá en próximas semanas e meses Trump, segundo os analistas. Bótalle a culpa da súa situación a unha conspiración detrás da que estarían Biden, os medios de comunicación e o sistema xudicial dun suposto "Estado fascista".

"Imos apelar esta estafa. Imos apelar por moitas cousas diferentes; non nos permitirían ter testemuñas, non nos permitirían falar, non nos permitirían facer nada. O xuíz era un tirano".

Mentres, Biden apela ao sentido común ao tempo que ve como medran os fondos do seu rival para campaña e tamén a intención de voto.

"É perigoso, é irresponsable que calquera diga que isto foi amañado só porque non lle gusta o veredicto".

Nas rúas de Nova York podían pulsarse as visións polarizadas arredor de Trump. Estas son as dos seus partidarios:

"A xente realmente ámao, quere apoialo. Entende a súa persecución".

"É un xuízo falso, así que non importa; vou votar por el cun mil por cento de seguridade, si".

E esta a opinión dos detractores:

"Un felón podería gobernar os Estados Unidos e administrar o sistema xudicial".

"Un pouco ético e inmoral ser humano no que realmente non se pode confiar para dirixir nada".

E falando de dirixir, en medios estadounidenses non se oculta a preocupación por un Trump comandando o país militarmente máis poderoso do mundo. As súas vellas simpatías por Putin e Netanyahu son evidentes nestes tempos de turbulencias e conflitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade