Cargando resultados...
Turistas españois que chegan de Marrocos lembran as horas máis duras
Turistas españois que chegan de Marrocos lembran as horas máis duras
A maioría estaba ceando ou nos cuartos dos hoteis cando se rexistrou o tremor
G24.gal
09/09/2023 22:46
Última actualización 09/09/2023 23:06
Varios voos chegaban ao aeroporto Adolfo Suárez, en Madrid, procedentes de Marrakech. Os turistas españois que aínda tiñan folgos para falar coa prensa contaban a mesma historia.
A maioría estaba ceando ou nos cuartos dos hoteis do centro da cidade cando, sorprendidos polo sismo, tiveron que botarse a correr e buscar algún lugar aberto.
Todos aseguran que nesta viaxe, máis ca en ningunha outra, o importante é estar xa na casa. Todos contan que deixan atrás un centro de Marrakech completamente destruído.