Publicador de contidos
Publicador de contidos

TVG accede a documentos do caso Déborah tras o arquivamento parcial do caso

TVG accede a documentos do caso Déborah tras o arquivamento parcial do caso

Listaxes incompletas, contradicións... e a xuíza pregunta por que non se detivo o investigado

G24.gal 01/05/2022 14:31

A imputación e declaración do exmozo de Déborah Fernández Cervera é resultado de anos de investigación e un completo sumario de dúas mil páxinas.

Entre as dilixencias e documentos aos que puido acceder á TVG chama a atención un en que a xuíza instrutora pregunta a un axente por que non se detivo o imputado. Tamén se debullan as múltiples contradicións en que incorreron o exmozo e o seu círculo.

Ao longo da investigación a familia da vítima e os seus avogados alertaron de múltiples supostas dilacións, perdas e erros rechamantes nestes vinte anos como a desaparición do móbil da vítima en Comisaría ou o suposto extravío de declaracións, a falta dalgunha delas e mesmo documentos incompletos como esta listaxe das chamadas telefónicas recibidas por Déborah entre o un de xaneiro de 2002 e o 26 de abril do mesmo ano na que sorprendentemente faltan vinte e oito chamadas.

O avogado da defensa lamenta nunha declaración escrita que non se seguisen outras liñas de investigación e que ten como obxectivo a defensa da inocencia do imputado. Tamén apunta que ata agora ningunha proba de ADN atopada no corpo da vítima é atribuíble ao investigado. 

Tamén apunta o letrado que, segundo o seu criterio, unha proba de ADN nunca é concluínte agás que haxa outras probas de cargo contra un acusado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade