Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ucraína e O Sahel centran a reunión de ministros de Defensa da UE en Toledo

Ucraína e O Sahel centran a reunión de ministros de Defensa da UE en Toledo

Academia de Infantería en Toledo foi a responsable de adestrar e formar combatentes ucraínos, por iso se escolleu esta cidade para a xuntanza

G24.gal 30/08/2023 08:39

A guerra de Ucraína e a situación no Sahel tras o golpe de estado en Níxer serán os principais asuntos que tratarán os ministros de Defensa europeos na reunión informal que manterán este mércores en Toledo, con motivo da presidencia española do Consello da Unión Europea.

Os titulares de Defensa da UE abordarán a situación de Ucraína co seu homólogo ucraíno, Oleksii Reznikov, que participará na sesión de traballo de forma telemática, segundo confirmou a ministra Margarita Robles.

España está apoiando a Ucraína con material defensivo, pero tamén desde o punto de vista humanitario, achegando dentro das súas posibilidades e sempre en coordinación cos seus aliados, reiterou en numerosas ocasións Robles.

Segundo a ministra de Defensa en funcións, a elección de Toledo para recibir aos dirixentes europeos débese á súa vinculación coas Forzas Armadas e a que a súa Academia de Infantería foi a responsable de adestrar e formar a combatentes ucraínos, cos que se forxou un "vínculo moi grande" entre os militares españois e os ucraínos. 

O outro asunto importante que tratarán os ministros de Defensa é a situación no Sahel tras o golpe de estado do pasado 26 de xullo en Níxer, liderado polo autodenominado Consello Nacional de Salvagarda da Patria (CNSP), que anunciou a destitución do presidente, Mohamed Bazoum, e a suspensión da Constitución.

Ucraína é unha prioridade pero O Sahel é "fundamental" para España e para a UE, segundo Robles. 

A posición que España mantivo tanto no seo da UE como da OTAN é que o flanco sur é "esencial", polo que non se pode abandonar esta zona. "Non podemos permitirnos o luxo de que poida pasar o mesmo que en Afganistán", advertiu Robles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade