Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os paxes axudan os Reis Magos a acertar cos agasallos

Os paxes axudan os Reis Magos a acertar cos agasallos

As maxestades precisan un pouco de axuda mentres percorren as vilas galegas

G24.gal 05/01/2023 14:31

Para dar feito con todo, cabalgatas, repartición de regalos... os Magos de Oriente precisan un pouco de axuda. Con tanto afán moitos pais, nais, tíos ou avós axúdanlles cos encargos de última hora. Hoxe é un dos días de máis traballo nas xogueterías.

Esta é a noite da ilusión. "É o mellor día do ano". "Ás veces non damos nin durmido cos nervios, é emocionante. Mentres os nenos son pequenos gózase máis".

Son horas de intensa actividade para Melchor, Gaspar e Baltasar.  Esta tarde, cabalgatas para logo continuar ruta por todas as casas de Galicia, onde os cativos agardan polos seus agasallos. "É unha noite na que os nenos están moi nerviosos agardando polos regalos". 

É momento dun último repaso ás cartas para que ningunha petición quede no caixón. "Aos Reis ás veces a memoria tamén pode fallarlles".

Unha ardua tarefa para a que precisan a axuda dos maiores da casa. "Estamos axudando, hoxe estamos de paxes". "Hai que colaborar nas ideas que se poida, porque teñen moito traballo". "Por si nos lles dá tempo a recoller os últimos encargos".

Entre todos farán o posible por cumprir os desexos dos pequenos e tamén dos grandes.  A descansar ben esta noite e prepararse para unha mañá de emocións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade