Publicador de contidos
Publicador de contidos

Moitas emocións e ganas xa de vacacións no último día do curso escolar

Moitas emocións e ganas xa de vacacións no último día do curso escolar

Este ano, por calendario, os rapaces rematan o cole sen entregarlles as notas, que llelas darán o día 25 de xuño

G24.gal 21/06/2024 14:54

Os nenos collen o tren das vacacións con música e moitas ganas. Non é para menos... Remata o curso 2023-2024. Foi un día de emocións, de facer balance, e foi tamén un dos máis agardados do ano. Despídense todas as etapas educativas e as cabezas xa están postas nas vacacións.

Detrás quedaron nove meses de traballo tanto da rapazada como do profesorado e das familias. Este ano hai unha novidade: os rapaces marchan sen o boletín de notas que, por calendario, se vai entregar a semana que vén, o día 25. Cómpre, logo, desfrutar hoxe, porque pode que para algúns os plans se vexan truncados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade