Últimos días para aforrar na declaración da renda, aquí algúns consellos
Últimos días para aforrar na declaración da renda, aquí algúns consellos
Achegar máis cartos ao plan de pensións tamén axuda, aínda que non resulta tan rendible coma antes
Este exercicio fiscal remata o 31 de decembro, e aínda estamos a tempo de tomar algunha decisión que nos axude a rebaixar un chisco a factura do IRPF.
"Aquelas persoas que teñen unha hipoteca porque compraron a súa vivenda habitual antes do 2013 poden revisar se non chegaron ao límite para facer esa dedución, nese caso poderían facer unha achega extraordinaria. Tamén estamos a tempo de facer algún donativo", explica Pilar Otero Moar, presidenta do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia.
Plan de pensións
Achegar máis cartos ao plan de pensións tamén axuda, aínda que non resulta tan rendible como antes.
"O límite baixou moito estes últimos anos, pero aí temos unha posibilidade importante de facer un aforro. Se o contribuínte durante este exercicio que agora remata durante o 2022, tivo algunha ganancia patrimonial porque transmitiu algún ben tanto inmobles como accións ou participacións, pode xerar unha perda vendendo outros que ten na carteira e que sabe que van perder para facer unha compensación entre as dúas bases".
O aforro total pode estar entre os 300 euros nos tramos máis baixos, ata os 3.000. O importante é asesorarse ben para ter unha factura fiscal correcta e pagar o menos posible dentro do legal. E se non é posible, tomalo con resignación e bo humor.