Cargando resultados...
Un accidente cun ultralixeiro en Cáceres deixa un morto e un ferido grave
Un accidente cun ultralixeiro en Cáceres deixa un morto e un ferido grave
Un falecido de 45 anos e o instrutor ferido grave durante unhas prácticas de voo
G24.gal
23/05/2024 21:47
Última actualización 23/05/2024 22:30
Un accidente dun ultralixeiro nas proximidades da localidade cacereña de Miajadas deixa un morto e un ferido grave. Ao parecer estaban a realizar prácticas de voo cando a aeronave caeu e impactou contra a pista de aterraxe.
O instrutor tamén quedou ferido con queimaduras e foi trasladado en helicóptero a un centro hospitalario.
Ata a zona trasladouse unha patrulla da Garda Civil e outra da Policía Local.