Catro mortos no accidente entre dous ultralixeiros en Barcelona
Catro mortos no accidente entre dous ultralixeiros en Barcelona
Os aparellos caeron tras chocar e incendiáronse nunha zona boscosa próxima ao aeródromo de Moià
Catro persoas faleceron este domingo no accidente entre dous ultralixeiros nunha zona boscosa próxima ao aeródromo de Moià, en Barcelona, onde caeron os aparellos para incendiárense a continuación.
Os bombeiros recibiron o aviso dun particular que viu o suceso pasadas as dez e media da mañá. Aínda que inicialmente se pensou que se trataba do accidente dun ultralixeiro no que viaxaban dúas persoas, os equipos de rescate constataron finalmente que son catro as vítimas mortais e dous os aparellos implicados.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do grupo de rescate dese corpo de emerxencias cun helicóptero e catro unidades terrestres, ademais de efectivos dos Mossos e do Sistema de Emerxencias Médicas, SEM.
Efectivos dos bombeiros extinguiron un pequeno conato de incendio rexistrado como consecuencia do accidente.
Polo de agora ignóranse as circunstancias deste suceso no que se viron implicados dous aparellos ultralixeiros. Os Mossos indican que as investigacións sobre as circunstancias do accidente estarán a cargo da Unidade de Seguridade Aérea da policía catalá.