Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un accidente deixa un tráiler pendurando nun noiro da N-6, preto de Pedrafita

Un accidente deixa un tráiler pendurando nun noiro da N-6, preto de Pedrafita

O suceso produciuse tras un accidente de tráfico no que se viron implicados dous camións e un turismo que terminou con dous feridos leves

G24.gal 17/03/2023 12:34

Un accidente de tráfico no que se viron implicados dous camións e un turismo obrigou este venres a cortar a N-6 na saída de Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Concretamente, un dos vehículos, un tráiler de grandes dimensións, quedou suspendido nun noiro sobre unha vivenda.  

O suceso ocorreu sobre as 8:30 horas deste venres, no tramo da N-6 que sae de Pedrafita e que actualmente se ven obrigados a utilizar todos os vehículos que entran ou saen de Galicia por este punto, dado que a autovía A-6 está cortada polo derrubamento do viaduto do Castro.  

De feito, segundo informaron fontes de Emerxencias, o accidente ocorreu xusto sobre o lugar do Castro, do municipio da Veiga de Valcarce, polo que o tramo de estrada afectado pertence á provincia de León e non a Galicia.  

Ata o lugar mobilizáronse efectivos da Garda Civil, para cortar e sinalizar a estrada, e persoal sanitario, que atendeu dous feridos leves. No lugar despregouse tamén un importante operativo para retirar o tráiler e reordenar o tráfico. Segundo informa a Dirección Xeral de Tráfico, a circulación en sentido Madrid quedou cortada por este punto e estase desviando aos vehículos pola estrada antiga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade